Friday 19 de April de 2024

A Coruña apostará pola internacionalización como destino turístico en 2023


O Consorcio de Turismo da Coruña e representantes do sector sintan as bases da promoción da cidade no exterior nunha reunión celebrada hoxe en Palexco

Traballarán conxuntamente na implementación do selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (Sicted) en establecementos da cidade

A Coruña apostará en 2023 por reforzar o seu posicionamento no exterior como destino turístico coas tres novas roteiros aéreos coas que contará a cidade para partir do mes de abril: Xenebra, Milán e Ámsterdam, que se unirán ás xa existentes de Londres e París. A potenciación do turismo de congresos (MICE), da gran oferta cultural no Ano Picasso, de eventos de lecer e do turismo náutico será clave para atraer visitantes o próximo exercicio.

Representantes do sector turístico reuníronse esta mañá en Palexco para sentar as bases da promoción turística da cidade para o próximo ano. O concelleiro de Turismo da Coruña e presidente do Consorcio de Turismo, Juan Cordeiro, e o xerente da institución, Moisés Jorge Naranjo, presentaron as liñas estratéxicas da área de Turismo da Coruña para 2023 nunha reunión co sector. O obxectivo é traballar conxuntamente na promoción da cidade no exterior.

Neste encontro apostaron por seguir potenciando “os grandes eventos culturais” e continuar con “a traxectoria de apoio ao turismo de negocios, reunións, feiras e eventos (MICE)” que se celebren na cidade. Representantes do Consorcio e do sector acordaron tamén “reforzar o turismo e a hostalería da Coruña” @teniendo en cuenta a programación que o concello poña sobre a mesa con motivo do Ano Picasso, xunto con outras cidades europeas.

O Consorcio de Turismo da Coruña e o sector traballarán tamén na implementación do selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (Sicted), que concede o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Trátase de “dar un paso máis na oferta cuantitativa e cualitativa do sector servizos, tanto comercial como hostaleiro e alojativo da cidade da Coruña”, coincidiron en sinalar os responsables do Consorcio de Turismo.

Participaron na reunión o presidente de Hospeco, Agustín Collazos; o presidente da Coruña Convention Bureau, José Blanco; o presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes, Juan Rivadulla; a directora de Orzán Congress, Pomba Orjales; o presidente da Asociación Provincial de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete; a vogal da Coruña Convention Bureau e directora de Océano Azul, Marta Guimaraens e a directora de Palexco, Juana Abellaneda.

Sobre o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña

Turismo da Coruña é un consorcio formado polo Concello da Coruña, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación, e a Autoridade Portuaria da Coruña, cuxa labor é converter o turismo nun dos motores económicos da cidade herculina. O ente é o responsable da promoción e comercialización da cidade nos ámbitos nacional e internacional e participa na creación de produtos que acheguen unha maior calidade e atractivo á oferta turística da mesma. Precisamente, e co obxectivo de poñer o seu maior esforzo no servizo ao turista, este organismo conta cunha oficina central, dous Puntos de Información turística no centro da cidade e outro, de Atención ao Cruceirista. Na actualidade, o Consorcio de Turismo e Congresos diríxeo como presidente o primeiro tenente de alcaldesa e Concelleira de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Cordeiro, e como director xerente Moisés Jorge Naranjo, e conta cun equipo técnico de informadores e informadoras, especialistas en promoción turística e persoal administrativo.